A entidade benéfica necesita alimentos frescos, leite,
aceite, produtos de hixiene e de limpeza, ademais de roupa e calzado de home.
Paco Fernández, no comedor de Cáritas de Vilagarcía |
Cáritas Interparroquial de Arousa ofrece almorzos,
xantares e ceas a ducias de persoas con poucos recursos económicos da bisbarra
doSalnés. As comidas sérvense no comedor da praza Juan Carlos I deVilagarcía,
no albergue de San Cibrán e a domicilio, co chamado Comedor sobre
rodas. Cáritas recibe unha parte dos alimentos de doazóns privadas;
outra parte cómpranos; e unha terceira obtéñenos nos seus invernadoiros de San
Cibrán.
-Que lle parece a idea
dos veciños de San Tomé de Nogueira de plantar legumes para doalas
despois ás institucións benéficas?
-Paréceme algo magnífico, aínda que me gustaría máis que en vez de ser os veciños fosen persoas que están no paro. Pero é de calquera modo algo magnífico.
-Hai quen formula que no fondo este tipo de accións non valen para moito, que non solucionan o problema estrutural da pobreza.
-Iniciativas como esa de Meis son unha axuda importante, porque sen elas os centros non poderían facer o seu labor. Se non fose polas doazóns Cáritas de Arousa tería que pechar o seu comedor mañá. Por poñer un exemplo, na Operación Quilo de Navidad os colexios doáronnos 10 toneladas de alimentos. E na campaña que fixo hai pouco o ximnasio Curves xuntou outras dúas toneladas. Estes días os almorzos e as sobremesas foron magníficos grazas ás roscas que nos trouxeron as panadarías... É moito o que nos dan.
-Repercutiu negativamente a crise no volume de doazóns?
-Detectamos un descenso nas grandes, como a Operación Quilo. No Nadal de 2009 foran 13 toneladas de alimentos, e na pasada, 10. A crise está afectando ás familias e aos doadores, pero aínda así seguimos tendo unha gran resposta.
-Cales son os produtos que máis necesitan?
-Así como de pastas e arroces temos excedentes, sempre veñen ben o leite e o aceite, e tamén son benvidos os produtos frescos, como carne, peixe ou ovos. Son cousas que, se non nolas dan, as temos que comprar todas.
-Cantas persoas comen en Cáritas?
-Cando máis xente vén é á hora das comidas, despois ás ceas e, cando menos, aos almorzos. A media actual para as comidas é dunhas 60 persoas, pero tivemos días de ata 73, cando en 2007 ou 2008 a media era de 30 persoas. Despois temos 15 usuarios no servizo do Comedor sobre rodas e outros 14 comen no albergue deSan Cibrán. A verdade é que a cociña e o comedor xa nos están a empezar a quedar pequenos, e temos un problema terrible cotranseuntismo porque nunca sabemos fixo canta xente teremos a comer. Ás veces non queda máis remedio que saír correndo a comprar pan porque veu máis xente da que esperábamos.

-Teñen problemas de
existencias?
-Non para nada, ou polo menos por agora. Aínda estamos a tirar co de Nadal e do Banco de Alimentos.
-Como é o menú tipo do comedor de Juan Carlos I?
-Sempre consta de dous pratos e unha sobremesa. Hoxe (por onte) púxose fabada e carne con pasta: dous pratos fortes polo tempo. Ás veces cambiamos os menús sobre a marcha. Por exemplo, se está previsto preparar un arroz pero esa mañá vénte alguén con peixe, deixas o arroz para o día seguinte e preparas o alimento fresco. En canto ás sobremesas, como agora mesmo hai pouca froita facemos unhas torradas, un flan...
-Cantas persoas traballan no servizo?
-No comedor temos unha cociñeira, unha axudante de cociña e dous voluntarios. No servizo a domicilio, unha cociñeira e, ás veces, un voluntario, e en San Cibrán unha cociñeira. No que se refire ao voluntariado estamos moi ben. Hoxe mesmo (por onte) temos a sete profesores nas clases de alfabetización.
-E deixando a un lado a alimentación, de que están necesitados enCáritas?
-O roupeiro estámolo cambiando agora, para a chegada do verán, e o que máis necesitamos é roupa de home, sobre todo zapatos. Tamén nos fan moita falta produtos de limpeza e de hixiene. Tódolos servizos que damos son en coordinación coas traballadoras sociais e cos grupos de Cáritas das parroquias, que fan un labor magnífico, aínda que ás veces non se vexa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario