sábado, 28 de abril de 2012
sábado, 21 de abril de 2012
jueves, 19 de abril de 2012
A COCIÑA E O COMEDOR DE CÁRITAS EMPEZAN A QUEDAR PEQUENOS
A entidade benéfica necesita alimentos frescos, leite,
aceite, produtos de hixiene e de limpeza, ademais de roupa e calzado de home.
Paco Fernández, no comedor de Cáritas de Vilagarcía |
Cáritas Interparroquial de Arousa ofrece almorzos,
xantares e ceas a ducias de persoas con poucos recursos económicos da bisbarra
doSalnés. As comidas sérvense no comedor da praza Juan Carlos I deVilagarcía,
no albergue de San Cibrán e a domicilio, co chamado Comedor sobre
rodas. Cáritas recibe unha parte dos alimentos de doazóns privadas;
outra parte cómpranos; e unha terceira obtéñenos nos seus invernadoiros de San
Cibrán.
-Que lle parece a idea
dos veciños de San Tomé de Nogueira de plantar legumes para doalas
despois ás institucións benéficas?
-Paréceme algo magnífico, aínda que me gustaría máis que en vez de ser os veciños fosen persoas que están no paro. Pero é de calquera modo algo magnífico.
-Hai quen formula que no fondo este tipo de accións non valen para moito, que non solucionan o problema estrutural da pobreza.
-Iniciativas como esa de Meis son unha axuda importante, porque sen elas os centros non poderían facer o seu labor. Se non fose polas doazóns Cáritas de Arousa tería que pechar o seu comedor mañá. Por poñer un exemplo, na Operación Quilo de Navidad os colexios doáronnos 10 toneladas de alimentos. E na campaña que fixo hai pouco o ximnasio Curves xuntou outras dúas toneladas. Estes días os almorzos e as sobremesas foron magníficos grazas ás roscas que nos trouxeron as panadarías... É moito o que nos dan.
-Repercutiu negativamente a crise no volume de doazóns?
-Detectamos un descenso nas grandes, como a Operación Quilo. No Nadal de 2009 foran 13 toneladas de alimentos, e na pasada, 10. A crise está afectando ás familias e aos doadores, pero aínda así seguimos tendo unha gran resposta.
-Cales son os produtos que máis necesitan?
-Así como de pastas e arroces temos excedentes, sempre veñen ben o leite e o aceite, e tamén son benvidos os produtos frescos, como carne, peixe ou ovos. Son cousas que, se non nolas dan, as temos que comprar todas.
-Cantas persoas comen en Cáritas?
-Cando máis xente vén é á hora das comidas, despois ás ceas e, cando menos, aos almorzos. A media actual para as comidas é dunhas 60 persoas, pero tivemos días de ata 73, cando en 2007 ou 2008 a media era de 30 persoas. Despois temos 15 usuarios no servizo do Comedor sobre rodas e outros 14 comen no albergue deSan Cibrán. A verdade é que a cociña e o comedor xa nos están a empezar a quedar pequenos, e temos un problema terrible cotranseuntismo porque nunca sabemos fixo canta xente teremos a comer. Ás veces non queda máis remedio que saír correndo a comprar pan porque veu máis xente da que esperábamos.

-Teñen problemas de
existencias?
-Non para nada, ou polo menos por agora. Aínda estamos a tirar co de Nadal e do Banco de Alimentos.
-Como é o menú tipo do comedor de Juan Carlos I?
-Sempre consta de dous pratos e unha sobremesa. Hoxe (por onte) púxose fabada e carne con pasta: dous pratos fortes polo tempo. Ás veces cambiamos os menús sobre a marcha. Por exemplo, se está previsto preparar un arroz pero esa mañá vénte alguén con peixe, deixas o arroz para o día seguinte e preparas o alimento fresco. En canto ás sobremesas, como agora mesmo hai pouca froita facemos unhas torradas, un flan...
-Cantas persoas traballan no servizo?
-No comedor temos unha cociñeira, unha axudante de cociña e dous voluntarios. No servizo a domicilio, unha cociñeira e, ás veces, un voluntario, e en San Cibrán unha cociñeira. No que se refire ao voluntariado estamos moi ben. Hoxe mesmo (por onte) temos a sete profesores nas clases de alfabetización.
-E deixando a un lado a alimentación, de que están necesitados enCáritas?
-O roupeiro estámolo cambiando agora, para a chegada do verán, e o que máis necesitamos é roupa de home, sobre todo zapatos. Tamén nos fan moita falta produtos de limpeza e de hixiene. Tódolos servizos que damos son en coordinación coas traballadoras sociais e cos grupos de Cáritas das parroquias, que fan un labor magnífico, aínda que ás veces non se vexa.

martes, 17 de abril de 2012
A sarabia e o vento causan danos na vide e propician o ataque de patóxenos
As precipitacións
de sarabia rexistradas durante a fin de semana -sobre todo o sábado-, unidas
aos ventos racheados e por momento intensos que azoutaron a bisbarra
-especialmente durante a xornada do domingo-, causaron danos importantes nos
viñedos e outras plantacións ou cultivos.
Os efectos directos ou inmediatos son doadamente detectables e consisten en esgazaduras ou feridas en cepas, froiteiras, follas ou xemas. Pero non son os únicos problemas, pois o peor que pode acontecer é que esas feridas se convertan en foco de infección ou punto de entrada preferente para diferentes patóxenos. Isto quere dicir que a principal ameaza non está tanto nos danos directos causados pola sarabia ou o vento, senón nos efectos indirectos, posto que as plantas pasan a ser moito máis vulnerables.
Na Estación Fitopatolóxica do Areeiro (EFA), pertencente á Deputación de Pontevedra, son conscientes diso, e de feito xa constataron a existencia deste risco en diferentes plantacións. Por tal razón, os técnicos aconsellan que se inicie un tratamento funxicida a base de "captan", pois só deste modo pode evitarse que os patóxenos se aproveitan das feridas causadas pola sarabia e o vento.
E hai que insistir en que esta ameaza persiste actualmente para diferentes plantacións e cultivos, non só para a vide. Aínda que este último caso resulta máis rechamante, tanto pola súa repercusión social e económica como, tamén, por tratarse dunhas plantas actualmente ameazadas por outros problemas, entre eles a temida mera.
A este respecto, as chuvias fixeron que as plantas inicien por fin un desenvolvemento moito máis acorde con esta época do ano, e esas mesmas precipitacións fan que comece con forza o período de incubación, ou o que é o mesmo, que pode producirse o que os técnicos definen como contaminación primaria.
De aí que na EFA aconsellen extremar a vixilancia e advirtan de que "a partir deste momento a evolución do clima condicionará a duración deste período de incubación, e polo tanto o tempo que tarde en manifestarse a enfermidade".

Risco máximo para o kiwi a
causa da bacteriose
O pasado 30 de marzo a EFA incidía en "a conveniencia de aplicar un tratamento cunha funxicida a base de cobre cando se xeneralice a brotación do kiwi" para reducir a incidencia dunha enfermidade tan grave como a bacteriose. E xa entón apuntaba que "o Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recolle para este uso oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%, óxido cuproso 80% e sulfato tribásico de cobre 19% ". Agora, ante o avance da enfermidade, informan de que é preciso poñer atención á aparición dos primeiros botóns florais para protexelos mediante o correspondente tratamento.
A lepra empeza a atacar a melocotoeiros e nectarinas
Os técnicos da EFA recibiron nas súas instalacións as primeiras mostras de lepra recollidas en plantacións de melocotón e nectarina da provincia. Manifestan que esta enfermidade se ve favorecida polas precipitacións rexistradas nos últimos días, de aí que apunten á conveniencia de aplicar tratamentos fitosanitarios. As mesmas fontes advirten de que ante a persistencia de precipitacións e a súa posible continuidade en próximos días é necesario renovar os tratamentos despois das precipitacións que rexistren máis de 10 milímetros, posto que a auga de chuvia reduce a efectividade do produto aplicado.
Pendentes do pintado e o oidio nas maceiras
Hai só un par de semanas, a ausencia de chuvias constituía un problema grave para todo tipo de cultivos, aínda que no caso das plantacións de maceira aquela seca servía para atrasar a aparición das primeiras infeccións de pintado. Pero xa se advertía de que coa chegada das chuvias habería que intensificar os controis, especialmente nas variedades máis sensibles. Agora hai que falar do oidio, cuxa presenza empezou a notarse xa, sobre todo na variedade "golden", estendéndose igualmente aos marmeleiros. Sexa como for, de momento a situación non resulta preocupante e non é necesario tratar.

viernes, 6 de abril de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)