Estevo significa: "coroado" (Esteb: coroa).
Este santo chámase "protomártir", porque tivo a
honra de ser o primeiro mártir que derramou o seu sangue por proclamar a súa fe
en Xesucristo.
Estevo era un dos homes de confianza dos apóstolos. A S.
Biblia, nos Feitos dos Apóstolos narra que cando en Xerusalén houbo unha
protesta das viúvas e pobres que non eran israelitas porque na distribución das
axudas se lles daba máis preferencia aos que eran de Israel que aos pobres que
eran do estranxeiro, os 12 apóstolos dixeron: "A nós non nos queda ben
deixar o noso labor de predicar por dedicarnos a repartir axudas
materiais". E pediron os crentes que elixiran por voto popular a sete
homes de moi boa conduta e cheos do Espírito Santo e de sabedoría, para que se
encargasen da repartición das axudas aos pobres. E entre os sete elixidos,
resultou aclamado Estevo (xunto con Nicanor, Felipe e outros). Foron
presentados aos apóstolos os cales oraron por eles e impuxéronlles as mans,
quedando así ordenados de diáconos (palabra que significa "axudante",
"servidor". Diácono é o grao inmediatamente inferior ao sacerdote).
Os xudeus provenientes doutros países, ao chegar a Xerusalén
empezaron a discutir con Estevo que lles falaba moi ben de Xesucristo, e non
podían resistir á súa sabedoría e ao Espírito Santo que falaba por medio del.
Sempre lles gañaba as discusións. Levárono ante o Tribunal Supremo da nación
chamado Sanedrín, para acusalo con falsas testemuñas, dicindo que el afirmaba
que Xesús ía destruír o templo e rematar coas leis de Moisés. E os do tribunal
ao observalo viron que o seu rostro brillaba como o dun anxo.
Estevo pronunciou entre o Sanedrín un impresionante discurso
no cal foi recordando toda a historia do pobo de Israel (Está no Capítulo 7 dos
Feitos dos Apóstolos) e foilles botando na cara aos xudeus que eles sempre se
opuxeran aos profetas e enviados de Deus, rematando por matar o máis santo de
todos, Xesucristo o Salvador. Ao oír isto, eles empezaron a chiar de rabia.
Pero Estevo, cheo do Espírito Santo, mirou fixamente ao ceo e viu a gloria de
Deus e a Xesús que estaba en pé á dereita de Deus e exclamou: Estou a ver os
ceos abertos e ao Fillo do home en pé á dereita de Deus". Entón eles cheos
de rabia tapáronse os oídos e lanzáronse contra el.
Arrastrárono fóra da cidade e apedrárono. Os que o apedraban
deixaron os seus vestidos xunto a un mozo chamado Saulo (o futuro San Paulo que
se converterá polas oracións deste mártir) e que aprobaba aquel delito. Mentres
o apedraban, Estevo dicía: "Señor Xesús, recibe o meu espírito". E de
xeonllos dixo con forte voz: "Señor, non lles teñas en conta este
pecado". E dicindo isto, morreu. Uns homes piadosos sepultaron a Estevo e
a comunidade fixo gran duelo por el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario