viernes, 30 de marzo de 2012
martes, 27 de marzo de 2012
COMEZAN AS OBRAS DA PARCELARIA

O delegado
territorial do goberno autonómico, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de
Vilanova, Gonzalo Durán, encabezaron onte a comitiva de autoridades que
visitaron as obras en Tremoedo e tamén a área de Oubiña, Cambados, na que están
a desenvolverse os trámites previos ao inicio da segunda fase da concentración.
Ámbalas dúas
actuacións nestas zonas veciñas permitirán crear un dos viais máis importantes
dos actualmente en construción, avanzaron tanto o alcalde coma o delegado: Unha
nova estrada que comunicará os polígonos de Cambados-Ribadumia co de Tremoedo.
A
rede de camiños agora iniciada no marco da parcelaria de Tremoedo permitirá a
apertura de pistas que sumarán uns 27,5 quilómetros de lonxitude.
A concentración,
ademais, suporá intervir en propiedades de 1.350 titulares, nunha extensión
total dunhas 576 hectáreas.
Tra-la creación
dos novos terreos de repartición, tódalas parcelas serán de entre 4.000 e 5.000
metros cadrados, aumentando así a produtividade dos campos, actualmente moi
fragmentados, o que limita a dispoñibilidade de terras abondo para que os
particulares poidan facer uso do chan como plantación, recordaron onte alcalde
e delegado.
Cores Tourís
explicou que a administración autonómica destinará este ano á parcelaria de
Tremoedo 1,3 millóns que se suman aos 300.000 euros xa investidos o ano pasado
en Vilanova para este tipo de accións.
Durán, pola súa
banda, agradeceu a aposta da Xunta por reactivar estas zonas agrícolas nas que
seguir apostando, por exemplo, pola plantación de vide,.
En canto á fase
II de Oubiña, confían en poder superar agora os trámites ambientais e
audiencias cos propietarios para poder aproba-lo inicio do proceso.
viernes, 23 de marzo de 2012
viernes, 9 de marzo de 2012
viernes, 2 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)