viernes, 28 de septiembre de 2012
viernes, 21 de septiembre de 2012
sábado, 15 de septiembre de 2012
Reunión cos catequistas
Este domingo, ás 11 da mañá, teremos a anunciada reunión dos
catequistas coa fin de prepara-lo vindeiro curso, que empezaremos o domingo que
ven, día 23, no que esperamos, que os pais, vivindo o seu compromiso cristián,
manden ós seus fillos.
sábado, 8 de septiembre de 2012
viernes, 7 de septiembre de 2012
Seis adegas e o CSIC queren dar valor ás variedades de uva representativas de Galicia
Seis adegas
pertencentes a catro denominacións de orixe, un financiamento de máis de 3
millóns de euros, nove variedades de uva a estudar para coñecer o seu potencial
vitícola e enolóxico e un prazo de tres anos para obter resultados. Estas son
as claves esenciais de Innter GAL-ENO 2012, un proxecto cooperativo de I+D que
se presenta hoxe en Pontevedra e no que participan firmas como Martín Códax, a
cooperativa vitivinícola asentada en Cambados.
En canto ás máis
coñecidas, o estudo vai centrarse no albariño e o godello, así como nas uvas
treixadura, loureiro, caíño branco, mencía, castañal, merenzao e caíño tinto.
E aplicando eses
mesmos coñecementos non só será posible mellorar os viños para competir a nivel
mundial e ofrecer novos produtos ao consumidor, senón que se abordarán
igualmente procesos de redeseñar da produción, coa fin de reducir custos e, en
consecuencia, mellorar a rendibilidade das plantacións.
Estas accións
deben complementarse, e o proxecto que hoxe se presenta ocuparase de demostrar
a súa efectividade alá polo ano 2015, con accións de desenvolvemento sostible
e/ou de viticultura respectuosa co medio, mellorando tamén así as marxes de
comercialización do sector vitivinícola de Galicia.
E para resumir
todo isto pode indicarse, e así fano os impulsores do proxecto, que se quere
promover un proxecto cooperativo "referente a nivel nacional no ámbito da
innovación vitivinícola", e simultaneamente se quere situar a Galicia
"na vangarda do desenvolvemento tecnolóxico e da xeración do coñecemento
neste sector, fomentando a colaboración público-privada para que as adegas
galegas alcancen unha boa situación competitiva fronte a outras, tanto
nacionais coma estranxeiras".
Para ocuparse de
todo isto unen forzas, e esforzos, seis adegas, o Consello Superior de
Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG),
nestes casos para realizar os traballos de investigación necesarios "a
través do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia e da área de
Innovación Tecnolóxica".
Pero non menos
importante resulta a colaboración do Grupo de Investigación de Viticultura da
Universidade Politécnica de Madrid.
E por último,
convén destacar a participación do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e
Industrial pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade, xa que
achega 1,6 millóns, dos 3 millóns de euros previstos.
Un consorcio
liderado por Martín Códax: Adegas Martín Códax, Grupo Vinícola Marqués de
Vargas, Pazo San Mauro, Adegas Moure, Adegas Reitoral de Amandi, Adegas
Valdesil e Adega Valmiñor, cos seus viñedos repartidos entre as denominacións
de Orixe Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei, son as firmas
impulsoras do consorcio de empresas no que se sustenta o proxecto de I+D.
O liderado deste
consorcio foi asumido pola cooperativa cambadesa Martín Códax,
"constituída no ano 1986 e unha facturación no último exercicio de máis de
16 millóns de euros, destacando o seu crecemento no último ano nun 10% a pesar
da situación económica xeral".
Na memoria do
proxecto explícase que despois de "ser unha das promotoras da creación da
denominación de orixe Rías Baixas, a partir de 2004 sofre un proceso de
expansión que o fai duplicar a produción, pasando de 25.000 a 60.000
hectolitros,".
O Salnés resolve
con escaso protagonismo a súa presenza na Cata dous Viños de Galicia
A Cata dous Viños
de Galicia serviu para recoñecer ao albariño Santiago Ruiz como o mellor branco
da Denominación de Orixe Rías Baixas, que logrou este "Acio de Ouro"
tras situarse no concurso por diante dos caldos Albamar, Gundian, Miudiño, Mar
de Viñas e Valdamor.
O certo é que, a
pesar de tratarse da subzona produtora máis importante desta denominación, o Salnés tivo un escaso protagonismo este ano. En calquera caso, hai que facer
unha salvedade, e é que o seleccionado como mellor viño branco de Galicia está
ligado polo menos a unha firma arousán, como é a cooperativa Martín Códax.
E é que o mellor
branco galego desta edición é o Mara Martín, un caldo da Denominación de Orixe
Monterrei que é embotellado pola adega Terras do Cigarrón para a colección Alma
Atlántica, de Martín Códax.
Precisamente
dende esta entidade vitivinícola con sede en Vilariño destacaron esta
circunstancia e aproveitaron para dar a coñecer un pouco máis as calidades do
monovarietal premiado, un godello 100% que na gama de viños de Alma Atlántica
se relaciona co albariño Alba Martín e a roseira Anxo Martín, de tal forma que
se presenta a tres brancos "marcados polo carácter atlántico".
O Mara Martín,
recordan en Martín Códax, "sacou a súa primeira anada en 2009, e na súa
breve traxectoria xa destacou en varios certames, sendo Gran Medalla de Ouro no
Concurso dos Viños do Noroeste, Baco de Bronce e o primeiro godello elixido
pola Negocio de Iberia".
Do caldo
distinguido agora como mellor branco de Galicia se di na ficha de cata que a
súa cor é amarela palloso, e que resulta intenso e limpo en nariz, destacando
as notas varietales como o feo e de froita, como mazá e pera. Ten "un
intenso toque de flores silvestres" cun lixeiro fondo cítrico de lima; e
ofrece un paso por boca intenso e graxo, con boa estrutura froito do traballo
coas lías ".
sábado, 1 de septiembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)